16-19 Abril / I Semana de Poesía Salvaxe (en Ferrol)
Mércores, 16 de abril
18.30. O Quiosco do Cantón acolle as verbas dos poetas Guillerme Fernández e Carlos González “Karlotty”.
23.00. María Lado, xunto coa poeta Lucía Aldao, presenta Onde estea un cubata que se quite un soneto. A posta en escena de ambas as dúas poetas terá lugar no pub Cazadores.
Xoves, 17 de abril
12.30. A rúa Real e a praza de Amboage acollen ao poeta leonés Víctor M. Díez.
21.00. No Centro Cultural Torrente Ballester escoitaranse os recitais de David González e Camilo Franco, acompañado da guitarra de Magín Blanco.
Venres, 18 de abril
12.30. O Leo actúa no mercado da praza de España.
21.00. Na Biblioteca Municipal Central, Carlos Oroza e Carlos Vilas presentan o seu novo espectáculo poético Donde la noche da la mano al día.
Sábado, 19 de abril
12.30. No mercado da Magdalena é a quenda de Estevo Creus.
19.00. Palabra, música e videocreación mestúranse na jam session poética conducida por Manolo Cortés. Os cineastas Rubén Coca e Pablo Portero deixarán a pegada do espectáculo nas súas cámaras.
Podes consultar (click:) os curriculos dos poetas.
Carta de MARCOS LORENZO, asesor cultural do Concello de Ferrol:
Preséntovos agora un dos acontecementos culturais do ano en Ferrol. Unha semana de Poesía Salvaxe que pretende converterse nunha cita anual obrigada cun outro xeito de concibir a poesía, fóra de acartonamentos académicos. Esta primeira edición leva por título "A Palabra Encarnada", e xuntará en catro días (16, 17, 18 e 19 de abril) a dez poetas que recitarán nas rúas megáfono en man, rematando coa celebración dunha jam session poética conducida por Manolo Cortés na Capela do Torrente.
O prato forte é, sen dúbida, a presentación en rigorosa exclusiva dun novo espectáculo poético de Carlos Oroza intitulado: "Donde la noche da la mano al día".
Ademais, a Semana será gravada por dous cineastas locais (Rubén Coca e Pablo Portero), do que resultará unha "mirada de autor" de arredor de 15 minutos que será debidamente distribuída e presentada en certames audiovisuais.
Quixera solicitarvos unha cobertura e un cariño especial para con este evento, apoiándonos na súa difusión. Intentamos traer un sopro de frescura a Ferrol, deseñando programacións imaxinativas que axuden a espolear o ton cultural da cidade e a proxectar aos/ás nosos/as creadores/as no exterior.
Recibide bicos.
Marcos Lorenzo

LECTURAS A LA SOMBRA DE UN COCOTERO La bitácora de poesía y cosas aledañas de ELOÍSA OTERO










